jueves, 21 de noviembre de 2013

RESUMO DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA DO 20 DE NOVEMBRO:


Foi unha asemblea Marxista: a directiva da ANPA  "partindo da nada e co seu único esforzo, chegou a acadar as máis altas cotas de miseria" (Groucho Marx)


Esperpéntico espectáculo do presidente da ANPA incumprindo os estatutos e saltándose o orde do día para ler un comunicado escrito por vai ti a saber quen, co conseguinte enfado das persoas presentes que tiñan interese por informarse da situación actual do comedor do Lope de Vega.
O enfado foi xeralizado, polas formas e polo fondo da actuación do “monologuista” invitado, que chegou pasadas as cinco, e se queixou en repetidas ocasións de ter que estar nunha asemblea do ANPA.
Aquí hai que dicir que e unha pena obrigar a unha persoa tan ocupada como o presidente a ter que presentarse por primeira vez no colexio despois de seis meses que pasaron dende a última asemblea, para informar as familias, que desconsideradas as 70 familias que asinamos para pedir que se fixera unha asemblea extraordinaria.
E non foi solo un esperpento, tamén se fartaron de mentir, coa axuda dun avogado anónimo.
O máis grave das mentiras é que nin se preocuparon de preguntar na Consellería ou aportar documentación. Tentaremos facer un resumo das mentiras máis clamorosas das que se dixeron onte. 

Mentira número 1: neste blog non aparece unha carta de ameaza da directora na que se dice que ou se paga a aportación voluntaria ou se expulsa a/o nena/o do comedor. Esa carta está publicada neste blog dende o 27 de outubro.

Nestes dous artigos de prensa, do Faro de Vigo e de La Voz de Galicia falan da gravidade de ter esixido como pago obrigatoria a aportación voluntaria de 18 €. 

Faro de Vigo, 23 de novembro de 2013:
Vázquez (Conselleiro de educación): ´En ningún caso se puede imponer la cuota voluntaria para acceder al comedor´
El conselleiro apela a la "presunción de inocencia" de los directores expedientados

El conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, apeló ayer a la "presunción de inocencia" de los siete directores de los colegios de Infantil y Primaria expedientados por supuestas "graves irregularidades" en el cobro del comedor, pero aprovechó para recalcar que "en ningún caso" se puede imponer el pago de una cuota voluntaria para acceder a este servicio. Entretanto, los directivos de los centros investigados -A Carrasqueira, Chans, A Paz-Tintureira, Ría de Vigo, Lope de Vega, Sárdoma-Moledo y Valadares-Igrexa- continuarán en sus puestos dado que la gravedad de los hechos investigados "no afecta a la vida diaria de los centros ni obligan a actuar con carácter preventivo", justificó.
Como Vázquez recalcó el jueves en declaraciones a este periódico, "aquí hay dos acusaciones" formuladas a través de las denuncias presentadas en septiembre por los sindicatos CIG y UGT, y también por padres. Por un lado, cita el supuesto "ingreso de cobros irregulares por parte de ciertas personas" por el servicio de comedor; y por otro, "tratar como obligatorio unas cuotas que pueden ser voluntarias y que, en ningún caso se puede obligar a las familias a aportarlas". "No puede ser éste un elemento decisivo a la hora de decirle a una familia que no puede acceder al comedor", censuró.
Dos inspectores -"de fuera de la propia zona de Vigo para evitar influencias y mantener la total objetividad", agregó el conselleiro- se encargan de la instrucción del expediente, ahora en fase de alegaciones. Y hasta que no se resuelva, Educación guardará silencio "porque, en cualquier caso, estamos hablando de personas que vienen desarrollando su trabajo durante muchísimos años y, por tanto, creemos en esa presunción de inocencia", precisó.
Los afectados guardan silencio
La divulgación de estos hechos provocó ayer un auténtico revuelo entre la comunidad educativa viguesa aunque pocos colectivos quisieron pronunciarse. Como la Federación de Asociacións de Nais e Pais (Foanpas), que declinó valorarlos "en cuanto no haya una resolución firme por parte de la Administración competente". Tampoco los propios afectados ofrecieron su versión sobre las acusaciones ni la Asociación de Directores de Colegios Públicos de Vigo.
Solo los sindicatos valoraron el expediente abierto por el departamento autonómico. El Independiente de Profesores de Educación criticó en un comunicado recogido ayer por la Agencia Efe el "escarnio público" al que se está sometiendo a los directivos investigados cuando los expedientes "aún están en fase preliminar". ANPE asegura que ningún alumno quedó excluido del servicio de comedor en estos siete centros. Y sobre las supuestas retribuciones irregulares a través de las ayudas voluntarias cobradas, remite a la consulta de las instrucciones dadas por el gabinete de Educación durante la etapa del Bipartito, cuando entró en vigor la normativa de 2007 reguladora de los comedores escolares.
A la CIG, sindicato que presentó una de las denuncias pero solo referida al Lope de Vega, le sorprendió la revelación de que hay más colegios acusados y cree que estas prácticas podrían evitarse "si la Xunta destinase más medios y más personal en lugar de recortar el presupuesto a los centros".

La Voz de Galicia, 23 de novembro de 2013

Educación ve «moi graves» las acusaciones contra los directores
Padres y responsables de colegios critican que haya cuotas voluntarias

ELISA ÁLVAREZ
Santiago / La Voz  23 de noviembre de 2013  05:00
11 votos
El conselleiro de Educación tildó de «moi graves» las acusaciones contra los equipos directivos de siete colegios de Vigo a quienes se les ha abierto un expediente disciplinario que comienza ahora el proceso de alegaciones. Tan graves que Jesús Vázquez aseguró que se ha nombrado a dos inspectores de fuera del área de Vigo para que se esclarezcan los hechos y puedan evitar influencias y mantener una mayor objetividad.
El expediente abierto a siete directores de Vigo busca clarificar fundamentalmente dos denuncias. La primera, el hecho de que un colegio, el Lope de Vega, fijase como obligatoria una cuota voluntaria de 18 euros para mejorar el servicio del comedor, hasta el punto de que se advertía de que en caso de no pagar, el menor no podría optar al comedor. La segunda investiga presuntas retribuciones irregulares en algunos centros. En concreto, que parte de esta cuota se hubiese repartido entre los gestores del comedor.
El conselleiro de Educación insiste en la presunción de inocencia y defiende que los directores sigan al frente de los colegios, ya que se trata de una actuación que no afecta al buen funcionamiento del centro. La investigación comenzó hace unos meses tras la denuncia de dos sindicatos y de padres de uno de los colegios afectados.
Sin respuesta
Los responsables de los centros implicados mantienen el silencio a la espera de la resolución, pero incluso algunas de las AMPA de estos centros han cerrado filas con sus equipos directivos. En concreto, desde la asociación de padres de uno de ellos, el colegio Sárdoma-Moledo, han mostrado su apoyo total a la directora y están a la espera de la resolución de la Administración. En este centro abonaban 30 euros a mayores para mejorar el servicio del comedor y organizar actividades extraescolares.
La Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Vigo emitió un escueto comunicado en el que explica que «esta federación considera non facer declaracións ao respecto e en canto non haxa unha resolución firme por parte da Administración competente».
Una situación que no es común
Las cuotas voluntarias para mejorar el servicio del comedor no son comunes en todos los centros públicos cuyo comedor depende de la gestión directa de la Xunta. De hecho, algunos directores no están ni mucho menos de acuerdo. Xosé Antonio Pardo, de la Xunta Autonómica de Directores, manifiesta su desacuerdo con esta «duplicidade» en el cobro a los padres, ya que «os cartos teñen que ir a onde teñen que ir». En el CPI de Vedra, por ejemplo, en donde gestionan un comedor de unos 250 alumnos, nunca han cobrado una cuota voluntaria a mayores «e os cartos que da a Xunta chegan». La Administración abona además una cantidad por día efectivo en el comedor a los colaboradores, al responsable del servicio y al director.
La presidenta de la Confederación de ANPA de centros públicos de Galicia, Helena Gómez Vecino, asegura no haber recibido ninguna queja de padres de alumnos por la existencia de estas cuotas voluntarias, «algo que desde luego nos parece mal», concluye

Mentira número dous: a aportación das familias é obrigatoria
Esta é a que máis veces repetiron, apoiándose nas opinións extravagantes (por dicir algo suave) do artista invitado, o pseudo avogado anónimo. Nos, facendo a tarefa que tiña que ter feito o ANPA, aportaremos a resposta da Consellería:




Mentira número tres: a información sobre a onde van a parar os cartos da achega voluntaria non pode ser pública
Iso é o que os que gastan sen control algún 90.000 € ao ano quixeran, pero vai ser que non. ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE. TRANSPARENCIA NA XESTIÓN.
 As únicas persoas que se poden negar a que eses gastos sexan do dominio público son as titulares da conta, que dende logo non é a Consellería. Aquí a documentación a aportará a Consellería cando resolva definitivamente o expediente aberto á directora pola xestión (si é que a iso se lle pode chamar xestión) dos cartos das familias.

Mentira número catro: se fixo o posible para eliminar as barreiras arquitectónicas do centro. A evidencia palpable é que se fixo unha cuberta cos cartos da ANPA e da achega voluntaria cando e como quixeron ANPA e dirección, e para que as nenas e nenos con mobilidade reducida se poidan desprazar polo centro a solución foi pedir unha subvención que sabían que non darían, anos despois de que se pedira formalmente por unha nai do centro. 
Aquí hai que engadir que a falla de humanidade e sensibilidade é dificilmente expresable con palabras sen dicir unha barbaridade. ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE, INCLUSIVO E QUE ATENDA AS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.

Mentira número cinco e seguintes ata o número que cada un queira: “NON SEI”, fartouse de dicir o presidente e o resto das e dos membros da executiva da ANPA, cada vez que se lle facía algunha pregunta incómoda.
Non se pode consentir que tarden mes e medio en facer unha reunión que levamos reclamando dende o principio de curso e que logo digan que non saben nada sobre nada que non apareza como responsabilidade directa da ANPA. Na defensa dos intereses das familias está incluida toda a información que se lles pediu.
O que non é cousa do presidente é o número de pais que non pagan a achega voluntaria, ese dato, legalmente solo o pode saber a directora e a encargada do comedor, esta claro quen llo ditou.

Mentira seguinte: os cartos da achega son para pagar os menús dos comensais que hai a maiores das 460 prazas que a directora solicitou á Consellería ao final do curso pasado
A ANPA recoñeceu que hai 473 nenas e nenos comendo no comedor, polo tanto hai 13 máis dos que paga a Xunta, polo tanto hai que ter 8.514 € ao mes (18 € x 473 comensais = 8514 € mes) para compensar ese desfase. Aquí voulles votar un cabo, que xa empezan a dar pena os intentos desesperados desta xente por explicarse.
Hai 13 nenos a mais cada día, como non sabemos, porque non teñen o valor de dicilo, canto se gasta o colexio en cada menú, cada día suporemos que é un 15% máis do que pon a Consellería:
0,28 € x 473 alumnos x 20 días = 2.650 € mes
Ademais están os cartos que se lle paga as que vixían no comedor:
100 € x 18 vixiantes = 1.800 € mes
Quedan 8.514 -1.800 – 2650 = 4064 € ao mes de marxe, como pouco, para vasos rotos e garfos extraviados. Os provedores deben de ser Swarovski e Villeroy & Boch.

Poderíamos seguir con outras mentiras:
· Non sabían que a directora enviou unha nota dicindo que a "aportación era voluntaria, igual que sempre"
· "Os libros que as familias deixan na ANPA os dan por rigoroso orde de inscrición", si é así que publiquen a convocatoria coa data e hora de comezo da inscrición e o listado resultante.
· Etc, etc.
Todas as mentiras aderezadas cunha chulería arrabaldeira e uns malos modos por parte do presidente que deixaron en evidencia a catadura moral desta persoaxe.


Como conclusión o único que pode facer esta directiva é dimitir en bloque que seguro que hai xente con máis interese en defender aos pais e ao ensino público.

martes, 19 de noviembre de 2013

PAGO DAS TAXAS POLO USO DO COMEDOR DE FORMA TELEMÁTICA.

       Publicado na páxina da Consellería de Educación:
  • Desde este mes de maio a taxa polo uso do servizo de comedor pode ser pagada de xeito telemático a través do portal espazoAbalar. Os responsables que utilicen este procedimento de pago non necesitarán presentar no centro o documento xustificativo, xa que o pago verase reflectido de xeito automático e inmediato na pantalla de control de pagos.
  • Para acceder aos impresos tes que ter certificado dixital ou DNI dixital, e para o pago telemático tes que ter certificado dixital expedido pola FNMT.
  • Para acceder a este servizo entra en www.edu.xunta.es:



    E aquí xa aparecen os servizos, comedor e transporte.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Artigo do 9 de novembro no diario El Pais

No seguinte arquivo publicado o 9 de novembro no diario El Pais falan de moitos dos problemas que está a xenerar o novo decreto de comedores. 




Pero ainda hai quen di que poici menos que a maioria das nais e pais que deixan aos seus fillos no comedor o fan para poder librarse deles un par de horas mais, como o ex-Conselleiro de educación Celso Curras:

domingo, 27 de octubre de 2013

Un pouco de historia


O decreto de comedores vixente entre 2007 e agosto de 2013 establecía que as aportacións familiares tiñan que ser VOLUNTARIAS, pero nas circulares informativas sobre as normas do comedor, ata 2013, aparece a ameaza de expulsión por impago, este ano desaparece o último parágrafo onde se ameaza coa expulsión do comedor por impago dos recibos.
A cantidade a pagar foi variando, en 2007 eran 25 €, en 2008 e 2009 foron 20€ e a partir de 2010, páganse 18 €.
O que está claro é que a frase “aportación familiar voluntaria” ou voluntario a secas non aparece en ningunha das circulares sobre as normas do comedor.

Menos mal que en outubro de 2013, despois de vai a saber ti cantas cartas de ameaza de expulsión por falta de pago, nos aclaran que o pago e voluntario. Gracias, pero é un pouco tarde, e o texto parece unha burla para a xente que recibiu esas cartas.

Circular Comedor 2008


Circular comedor 2010

Circular comedor 2011



Circular comedor 2012


Circular comedor 2013


A calada por resposta

Como parece que non hai intención, nin por parte das encargadas da xestión do comedor, nin da ANPA, de aclarar todas as cuestións que explicamos máis abaixo un grupo de nais e pais, preocupados pola deriva dos acontecementos, solicitamos unha asemblea extraordinaria da ANPA, que segundo os estatutos están obrigados a facer si esta solicitude vai abalada polo 10% das socias. Nos superamos ese 10%, xa que foron mais de 60 sinaturas as que abalaban esa solicitude de asemblea.
Data da presentación da solicitude: 10 de outubro de 2013.
Si as responsables do comedor non consideran oportuno aclarar as dúbidas que temos sobre o comedor será que as nais e pais non somos suficientemente importantes para eles, solo somos os que pagan.
Pero para a ANPA a única razón da súa existencia somos precisamente as nais e pais, e están a incumprir os estatutos da ANPA, en canto a obriga que teñen de celebrar unha asemblea ordinaria ao principio de curso.
O que si que xa non ten nome é que sabendo que hai unha solicitude por escrito, seguindo escrupulosamente os estatutos, de asemblea extraordinaria para falar dun tema que preocupa a maior parte das socias e socios da ANPA, se fagan oídos xordos e se incumpran as normas básicas de funcionamento da asociación.

Se non convocan a asemblea máis vale que a directiva da ANPA en pleno dimita.



Última reunión informativa das responsables do comedor

En xuño fomos convocados a unha reunión informativa, ou iso é que dicía a nota que mandaron nas mochilas de nosos fillos: REUNIÓN INFORMATIVA, sobre o comedor.
Nesta reunión informativa explicáronnos as novidades do novo decreto de comedor e que tiñamos que seguir aportando 18 €/mes por comensal.
Tendo en conta que a aportación da Xunta é insuficiente para que os nosos fillos teñan unha dieta equilibrada pode parecer lóxico que os que poidan que paguen eses cartos, pero:
1.- Se queremos servizos públicos de calidade e un ensino público de calidade primeiro temos que loitar por que a diñeiro que pon a Xunta por comensal e día sexa suficiente para que os menús sexan dignos. Os responsables teñen que escoitar as nosas queixas.
2.- Si temos que pagar primeiro terán que convocar unha asemblea onde se nos exporán para que fan falta eses cartos e como podemos comprobar que realmente se gastan en mellorar o menú, e no mantemento da cociña, xa que o Consello Escolar é o que ten que controlar os cartos que aporta a Xunta, pero os cartos que aportamos as nais e pais somos nos os que decidimos para que se poden utilizar. É por isto que:
Esiximos información sobre o que se fai co diñeiro que aportamos para a mellora do servizo do comedor, e si se queren utilizar en cousas que non teñen nada que ver co comedor, esiximos que se decida en asemblea de nais e pais.

A reunión informativa de xuño rematou cun esperpéntico intento de aprobar a aportación de 18 € mediante un amago de votación, que foi secundado por un sector moi localizado da sala. Sobre isto hai que facer algunhas aclaracións:
            - Si queres aprobar algo en asemblea, primeiro convoca unha asemblea.
            - As asembleas teñen un orde do día, no que se intenta que a xente se entere de que se vai a votar algo.
            - Nunha sala con mais de 300 persoas, nais, pais, nenas, nenos, aboas, abos, etc, non se pode facer unha votación en menos de 3 segundos.

Última asemblea da ANPA

- Na asemblea da ANPA de final de curso (por estatutos están obrigados a facer unha asemblea ordinaria ao comezo do curso e outra ao final) varias nais e pais pedimos que os representantes da ANPA no Consello Escolar solicitasen información sobre os gastos do comedor correspondentes a conta onde se ingresan as aportacións “voluntarias”.

A resposta aínda a estamos a esperar, xa que non se convocou a asemblea de comezo de curso, e xa levamos mes e medio. Non poden dicir que non tiveron tempo, nin que non teñamos cousas das que falar.

E na páxina do colexio seguen as instruccións do ano pasado.


- Hoxe mesmo, 27 de outubro de 2013, aínda podiamos descargar da páxina do CEIP Lope de Vega, a circular coas normas do comedor do curso 2012-13, onde unha redacción, cando menos insidiosa, quere dar a entender que a falla de pago dos 18 € suporía a expulsión do comedor. Está ao final do documento.

Así mesmo pódese comprobar, na imaxe de abaixo, que non aparece por ningún lado a palabra voluntaria na información da citada web do centro.


Non pode ser

- Ameazar con expulsar do comedor a xente que non sabes si pode pagar unha aportación, que sabes perfectamente que é voluntaria, é moi grave.

- E incluir ao final unha parte do anterior decreto, que fai referencia a parte que había que pagar a Xunta, e que non tiña nada que ver coa aportación voluntaria, é máis que grave, parece un feito delitivo relacionado coa falsificación de documento público.


- Os datos persoais ou que puideran aportar probas sobre a quen vai dirixida a carta foron ocultados.
- Para poder visualizar a carta mellor fai clic na frecha da esquina superior esquerda.

Carta ameaza.

Artigo do Faro de Vigo

Este artigo non foi contestado porque todo o que di é verdade:
- É moi grave que nais e pais que non podían pagar aportacións, que eran voluntarias, foran ameazados coa expulsión do comedor das súas nenas e nenos. Todos os membros do Consello Escolar de xuño de 2013 recibiron unha copia dunha desas cartas ameazantes, polo que a negación da evidencia por parte da ANPA é un insulto a tódalas nais e pais que sufriron o acoso das responsables do comedor.
- Na última reunión, xa fai cinco meses, non se deu resposta a petición das nais e pais que querían saber en que se gastaron as aportacións “voluntarias”, que non se ingresaban na conta que controla a Consellería. Hai que lembrar que a aportación que ten que ser revisada polo Consello Escolar é a da Xunta, da revisión da aportación dos pais non se dicia nada no anterior decreto nin neste, o seu é que o que paga teña información de onde van a parar os seus cartos. E si se gastan cartos en cambiar de sitio unhas oficinas ou en facer unha cuberta para a choiva sexa aprobado polos que pagan eses gastos.

viernes, 25 de octubre de 2013

O PRINCIPIO

Ante as noticias que chegaban aos nosos oídos as nais e pais que tiñamos dúbidas comezamos a pedir explicacións nas reunións informativas e nas asembleas ordinarias da ANPA, pero non tivemos ningunha resposta e si que nos mentiron bastante.
Estas son algunhas das dúbidas que tiñamos:
1.-En que se gastaban os 90.000 € anuais das aportacións "voluntarias"?
2.-Por que a ANPA non informaba polo miudo dos presupostos anuais nas asembleas?
3.-Si as aportacións eran voluntarias, por que se enviaron cartas ameazando con expulsar a nenos do comedor si non se pagaba?

E foron aparecendo probas de que as cousas non se están a facer con transparencia, por dicilo de algunha maneira suave.